martes, 25 de xuño de 2019

Beisbol Cambre

No derradeiro tramo do curso tivemos a sorte de contar ca presenza do clube beisbol e softbol de Cambre. Durante dúas sesións estiveron en numerosos curso do noso centro.

As nosas alumnas e alumnos coñeceron de primeira mau as características principais de este deporte de campo e bate: regras, aspectos técnicos, táctica, xogos introductorios,...

Deixamos o enlace a web do clube por se alguén estivera interesado en máis información:


Tamén compartimos algunha foto de algunha das clases:



Ningún comentario:

Publicar un comentario