luns, 20 de novembro de 2017

INTERCENTROS 4º ESO : IES DAVID BUJÁN-IES AFONSO X O SABIO

INTERCENTROS IES DAVID BUJAN - IES AFONSO X DE 4º ESO

O pasado día 13 de novembro celebrouse no IES David Buján o primeiro encontro dos alumnos de 4º da ESO. Durante toda a mañá os alumnos e alumnas participaron en distintos deportes con desigual sorte para os nosos.
No caso dos encontros femininos, as nosas alumnas realizaron un gran esforzo por conseguir bos resultados, pero a gran calidade física e deportiva de un grupo de alumnas do David Buján impediu conseguir moitas das victorias. De todas formas felicitar encarecidamente a todas as participantes pois amosaron unha gran determinación a pesar das dificultades.

No caso dos encontros masculinos, a igualdade foi moito maior, moitos dos encontros estiveron igualados e salvo en baloncesto para noso centro e badminton para o deles, houbo igualdade case total. Felicitar tamén a participación dos alumnos que competiron moi ben incluso en deportes dos quen non teñen moito coñecemento como o floorball.

En definitiva, gran xornada deportiva que pechouse cunha foto de familia entre todos os participantes. Esperámos o encontro de volta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario