domingo, 7 de xaneiro de 2018

VIAXE Á NEVE 2017


Como cada ano, durante a primeira semana do mes de xaneiro, un grupo de 29 alumnos e alumnas do centro, acompañados polos profesores Bea e Pablo viaxan a Andorra para pasar unha estupenda semana de esquí. Saíron o sábado día 6 de xaneiro con bastante preocupación polo estado das estradas polo temporal de neve, pero sobre as 14:00 horas chegaron ao hotel sen percances. A sorpresa foi a intensa nevada que está caendo en Andorra polo que poderán disfrutar da neve xa no propio hotel. Durante os próximos 5 días poderán disfrutar do marabilloso deporte do esquí e snow. Esperamos que disfruten moito.
A través de este blog iremos actualizando as noticias que temos da viaxe. Estade atentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario